viernes, 1 de octubre de 2010

Personaxes da piscina

Acábase o verán e as horas de sol. Anoitece antes e xa non fai a calor de agosto.

Os nenos xa empezaron o colexio e por fin respiro normalidade, sen ruidos, choros e berros...así estiven toda a temporada, aguantando. Non quepo de felicidade.

Pero dentro desta felicidade, unha nube negra cubre á piscina na que traballo dunha sombra non moi agradábel. Esta sombra ten forma humana; forma materializada nun matrimonio un pouco maior. caracterízanse polo seu gran sentido do humor. Ese gran sentido que o teñen moi metido no cú e que fai que teñan esa cara de mala leite todo o día. Se a os mortais cobrárannos por saudar estou seguro de que eles serian os máis ricos do cemiterio.

A súa aparición é estelar. El sempre camila diante dela, peito pra fora, co aspecto físico moi parecido a "Ovelix" e un camiñar chulesco. Ela, sempre detrás dél. O seu pelo loiro e liso contrástao coas gafas de sol do mercadillo máis cutre da cidade e que lle fai un moño espantoso digno dunha peli de terror. Evitan en todo momento un saúdo. Pasan o máis lonxe de min pra non ter que rebaixarse a dar os bós días a un socorrista da piscina MUNICIPAL (Se estivera falando dunha piscina de certo estatus aínda podería calar)

O meu primeiro contacto con eles foi catastrófico. O gran "Ovelix" debeuse sentir humillado cando moi amabelmente díxenlle que nesta piscina exterior non facía falta mergullarse co gorro.

O home, incrédulo, miroume coma se lle houbera cravado un puñal no lombo, e nun intento por se defender encarouse contra min con toda a súa mala baba preguntándome, cun tono ameazante -" e iso porque???". Eu, asustado de min disponíame a saír correndo ata que a súa muller púxose por medio, salvándome así a vida.

Dende aquel fatídico incidente, a miña vida é máis amarga. Entran pola porta cun porte que roza toda a prepotencia contida nunha persoa mentres que eu miro pra eles supricando un saúdo, como mostra de arrepentimento e así alegrarme o día. E nunca chega.

Un bó día, falando coa miña compañeira sobre o frustrado que eu estaba, ocorreuselle un mote pra identificalos. Desconsolado eu, fun a dar coa persona máis indicada pra consolarme. Ela, chamada "Consuelo" consoloume. Non hai maior consuelo na vida dun triste socorrista frustrado que recibir consuelo de "Consuelo" O mote vailles que ni pintado. os "Come Merda". Consuelo dixome que dáballe a impresion de que cada vez que chegaban, estiraban a cabeza pra ir altivos, como cando os animais levantan a súa cabeza e van na procura de alimentos. Estes alimentos son excrementos; merda, falando mal e claro. Así, bautizamoslle "Os Come Merda", ou o "Matrimonio Come Merda, compostos por "Obelix Come Merda", e "Moñas de Come Merda"

A súa actitude esta moi lonxe de calquer tipo de amabilidade. Miran a todo o mundo por riba do ombreiro.

Ovelix mira moito a todo-los homes co bañador de "farda collóns". Sempre pensei que Ovelix miraba a todos estes homes con aires de superioridade, pero pronto decateime dun detalle.
Moñas, presa do pánico polas miradas lascivas do seu home cara outros, recrimínalle a Ovelix esas miradas e que ela nunca recibe ninsequera un piropo. Daquela, ela decátase de que o seu home e demasiado "homo" pra ela. Pero non pode renunciar a el despois dos anos de apariencia diante da súa familia. Entón é cando Moñas chama a toda a súa familia do Opus Dei e prácticanlle un exorcismo o seu home, por xogar con satanás.

O curioso é que sempre volven. A miña teoría é que a pobre Moñas é amnesica perdida e nunca lembra as cousas do día anterior. Polo tanto volve toda inocente co seu homOvelix á piscina. Esa piscina tan desexada por Ovelix, pra recrearse cos homes farda collóns, pra non saudarme e facer dos meus días os máis tristes.